O rexedor asegura que “o que nós facemos en Ribadeo e deixar a política ao marxe desta crise sanitaria. Cada un que faga o que queira”. Deste xeito se refire ao reparto de material realizado pola Xunta nas últimas horas.

Suárez Barcia explica que “desde o Concello de Ribadeo e só para a última semana do mes de marzo solicitámoslle á Fegamp 15 litros de xel hidroalcólico, 120 litros de desinfectante xeral, 6.000 luvas, ademais de gafas, batas, calzas e gorras para a nova residencia, para o hospital asilo, para o CIM e para o Servizo de Axuda no Fogar. Estamos a falar de material para máis de 235 persoas”.

O alcalde engade: “e o que recibimos foron 450 luvas (catro paquetes domésticos), 78 mascarillas e 56 traxes. Á vista dos datos, queda totalmente desacreditado quen tenta aproveitar esta situación para o seu beneficio político. Insisto o material foi solicitado e facilitado pola Fegamp e a Xunta ocupouse tan só da asignación aos Concellos, tendo que desprazarse até Lugo para coller tan insignificante entrega”.