O percorrido será o seguinte: rúas Dionisio Gamallo, Clemente Martínez Pasarón, Avda. de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avda. de Galicia, Luz Pozo Garza, Virxe do Camiño, San Roque, Rodríguez Murias, Vilafranca do Bierzo e Cantón. 

O xurado utilizará os seguintes criterios para valorar aos participantes no destile: orixinalidade da proposta, espírito entroideiro, coordinación dos integrantes, interpretación musical,  coreografía, decoración, vestiario, maquillaxe e complementos. Criterios que terán máis ou menos peso segundo cada categoría.

En total vanse repartir máis de 4.000 euros en premios.