A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou na presentación que “nas paredes do forte de San Damián van estar colgadas as obras de nove artistas, rapaces e rapazas ribadenses, na sétima edición de Mariñarte, que abrirá as súas portas este venres, 10 de agosto, e ata o dia 26”. O horario de visita será pola mañá de once e media a unha e media e de seis e media a oito e media pola tarde.

A edil nacionalista dixo que “as persoas que alí se acerquen ao longo de todos estes días poderán disfrutar de fotografía, de pintura, de animación, … É dicir de diferentes xéneros dos nosos artistas locais máis xóvenes ou máis noviños”.

E engadiu que “este ano, como novidade, na última semana, do 22 de agosto en adiante, organizaranse unha serie de talleres que van ser impartidos polos propios rapaces, pola xente que participa nesta edición, e daremos debida conta para poder anotarse e disfrutar deles”.