A sala de exposicións de Turismo, de Ribadeo, acolle ata o 11 de xuño unha exposición con 40 debuxos de Manuel María, que foi inaugurada na tarde de onte polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña. Con obras de Martínez Coello e outros artistas “poderemos coñecer algúns detalles máis da vida do poeta chairego”, explicou o edil nacionalista.