O curso ten unha duración de 30 horas e permitiralles aos participantes dispor dunha acreditación homologada para o desempeño das ocupacións específicas. Segundo a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, “as xornadas resultaron moi proveitosas a tenor da participación dos inscritos  que se mostraron plenamente satisfeitos  e coa intención de participar en futuras programacións que se establezan”.

A edil nacionalista engadiu que “desde o Concello debemos de salientar que  se seguirá pola vía da formación, tanto para desempregadas/os como para ocupados/as, co fin de seguir mellorando a empregabilidade dos nosos veciños/as”.