Mañá, venres, arrinca a novena edición do Ribadeo Indiano.

indianos 2024

Será coa presentación deste evento histórico cultural a partir das 19 horas no Teatro. No acto intervirán a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o conselleiro de Cultura, José López, e o alcalde, Daniel Vega.

O pregón, que dará comezo, ás 19:15 horas será pronunciado por Pilar Cagiao, profesora titular de historia de América da USC. Ás 20 horas terá lugar a baixada ao peirao de Porcillán na compaña do cuarteto tradicional Illa Pancha para darlles alí a benvida aos indianos, a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo.

En Porcillán ás 20:30 horas actuará o grupo Doña Manteca. E xa pola noite ás 23:30 horas no quiosco da música no Campo de San Francisco Gallaecia Small Band e Ludmila Mercerón serán as encargada de amenizar a primeira velada indiana deste 2024.