Segue en Ribadeo a campaña Elixe ao mellor praceiro/a, na que os clientes poderán optar a sorteos de cheques de consumo na praza de abastos de Ribadeo. Os que realicen as súas compras ata o 3 de maio recibirán un cupón por cada compra realizada. Terán que enchelos co seu nome, apelidos, idade e teléfono e indicar o número do posto do seu praceiro ou praceira favorita. Os días 12 de abril e 3 de maio procederase a elixir ao azar tres cupóns e os clientes agraciados recibirán cheques de compra por valor de 25, 50 e 75 euros.

O primeiro dos sorteos será mañá, venres, ás 10 da mañá na praza de abastos ribadense.