A concelleira de Servizos Sociais e Obras, Mónica Freire, manifestou que “o Concello de Ribadeo apoia a convocatoria de folga xeral deste mércores, 17 de novembro, na Mariña para a defensa do futuro da nosa comarca. Sabemos que a situación que vive A Mariña desde hai un tempo é moi delicada debido á incerteza que temos polos anuncios de peche tanto de Alcoa como de Vestas, peches que afectarán tanto indirecta como directamente a moita da nosa veciñanza”. 

A edil nacionalista dixo: “sabemos que a mobilización social é necesaria para garantir o compromiso de que os gobernos atendan as demandas da nosa comarca”. 

Freire Rancaño engadiu: “tamén sabemos que a folga é unha decisión voluntaria e persoal, mais desde o equipo de goberno do Concello de Ribadeo animamos a participar na xornada de folga xeral deste mércores, 17 de novembro, e a evitar ás veciñas e aos veciños a realización de trámites non urxentes para poder secundar este día de folga”.