Agaca, Asaja Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego convocaron para o vindeiro venres 8 de maio en Ribadeo unha manifestación en defensa do sector lácteo, e demandan o apoio dos concellos da comarca a esta movilización. Os manifestantes sairán ás 12 da mañá do Xardín, fronte ao IES Gamallo Fierros, e percorrerán as rúas Avenida de Galicia, Avenida de Asturias e San Francisco para rematar na Praza de España fronte á Casa do Concello.