Suárez Barcia dixo que “aló vai unha edición máis deste Mercado do Nadal de Ribadeo, que despois de seis días de visitas, de ventas, de atraer a xente á nosa vila pechou onte as súas portas”. O rexedor subliñou a importante afluencia de xente a esta tradicional cita, “a pesares desta ponte estrana que tivemos que foi máis que unha ponte un acueducto, onde houbo varios días hábiles para casi todo o mundo, algo que se deixou notar algunha xornada na que non houbo tanta xente como poidésemos esperar e comparándoo con outros anos”.

O alcalde de Ribadeo manifestou que “a sensación é de satisfacción, moita xente acudiu a Ribadeo á carpa, disfrutaron dos obradoiros que alí se fixeron, da exposición de fotos antigas Ribadeo na memoria, a xente mercou produtos nos stands do Mercado do Nadal, pero tamén e sobre todo viñeron a Ribadeo, andiveron pola vila, compraron no comercio, entraron nas cafeterías e nos bares, esto foi o reclamo e a excusa pola que traballamos para que se dinamice o noso comercio local”.

Fernando Suárez anunciou que “hoxe acenderemos a iluminación de nadal, de maneira moito máis austera que outros anos, pero como teño dito outras veces o espíritu navideño lévao a xente nos seus corazóns máis aló dos centos e centos de arcos e de bombillas que poidan estar acesas”.