Segundo explican desde o servizo de Orientación Laboral do Concello “estes listados elabóranse para facilitar aos veciños e veciñas  e demais interesados a realización de trámites fronte a este Concello para os que se precisa a intervención dun técnico legalmente acreditado. Ábrense de forma periódica e a partires desta convocatoria, terán un carácter anual”.

Desde o Concello sinalan que “a incorporación a estes listados  é voluntaria e libre, e realizase a través do procedemento que garanta a concorrencia e publicidade para todos aqueles profesionais que estean interesados en formar parte dos citados listados, e que á súa vez estean empadroados ou exerzan a súa actividade neste termo municipal”.

E engaden que “a inclusión nestas listaxes non supón ningunha relación do Concello cos eles, nin tampouco ningunha preferencia ou orde de clasificación destes, figurando  ordenados estritamente por orde alfabética, sendo a exclusiva elección do veciño ou interesado o técnico que estime convinte de entre todos os que figuren nelas”.
Existen listados, entre outros, de  arquitectos, aparelladores, delineantes, enxeñeiros. É preciso estar empadroado ou exercer a actividade en Ribadeo.

O impreso de solicitude para poder incorporarse está dispoñible na páxina web do Concello (www.ribadeo.gal ) ou nas oficinas xerais.