“Estes listados elabóranse para facilitar aos veciños e veciñas, e demais interesados, a realización de trámites fronte a este Concello para os que se precisa a intervención dun técnico legalmente acreditado. A incorporación a estes listados é voluntaria e libre, e realizase a través do procedemento que garanta a concorrencia e publicidade para todos aqueles profesionais que estean interesados en formar parte dos citados listados, e que á súa vez estean empadroados ou exerzan a súa actividade neste termo municipal”, explican desde o Concello.

E engaden que “a inclusión nestas listaxes non supón ningunha relación do Concello con eles, nin tampouco ningunha preferencia ou orde de clasificación destes, figurando  ordenados estritamente por orde alfabética, sendo a exclusiva elección por parte do veciño ou interesado do técnico que estime convinte de entre todos os que figuren nelas”.

Existen listados, entre outros, de arquitectos, aparelladores, delineantes, enxeñeiros. O impreso de solicitude para poder incorporarse está dispoñible na páxina web do Concello o nas oficinas xerais.