O rexedor contou que “hoxe luns, desde primeira hora da mañá o persoal de medio ambiente estivo dando o mellor de si para deixar empatenada a área recreativa de Santa Cruz. E abofé que quedou limpa”. 

Suárez Barcia subliñou “o comportamento cívico de toda a cidadanía, incluída a mocidade, na celebración da Xira no día de onte. Outra cousa é, e tamén debemos dicilo, que aínda que a xente se esforza en deixar recollido todo antes de marchar, as probas deixan ben ás claras que non todo o mundo fai o mesmo esforzo. E aquí si que debemos seguir mellorando”.

O alcalde dixo que “o do medio ambiente, é unha área de responsabilidade municipal, pero se non hai unha concienciación social, dificilmente poderemos acadar unha sociedade comprometida co noso entorno limpo e saudable”.