Ermida anunciaba que “imos levar a cabo estas actividades cos colexios, tanto co Sagrado Corazón como co Gregorio Sanz, en distintos días, relacionado coa limpeza de praias e de ríos nestes casos”.

A concelleira de Sostibilidade e Medio Mariño explicaba que “acompañaremos aos alumnos os días 19 e 21 a facer unha limpeza nun dos casos do río que desemboca en Rinlo, e noutro caso acompañarémolos ata a praia das Catedrais para que vexan un pouco cómo debemos coidar o noso entorno e cómo debemos mantelo limpo durante todo o ano e non só agora na tempada estival”.

Paz Ermida subliñaba que “estas actividades están incluídas dentro do que vimos desenrolando cos colexios tamén nas distintas áreas do Concello. Neste caso tócanos medio ambiente e parécenos fundamental levar a cabo este tipo de xornadas precisamente cos máis pequenos, que son os que se empapan e os que logo saben transmitir nas súas casas e coas súas amizades a importancia que ten e o respecto que merece o noso planeta”.

A edil relatou que “imos contar coa colaboración de Óscar García, de Coge3, que é un coñecido voluntario de aquí de Ribadeo que decidiu de maneira totalmente voluntaria e gratuíta participar con nosoutros, estar acompañando aos cativos e ás cativas nesta actividade e estamos ben seguros de que van gozar dunha xornada moi entretida para eles e moi educativa tamén, que é do que se trata”.

O 19 de xuño 40 rapaces e rapazas do colexio Sagrado Corazón sairán ás 11 da mañá do centro para dirixirse ata a desembocadura do río San Xulián, en Rinlo, “onde se fará unha limpeza dese entorno, para despois ir camiñando ata a praia de Xuncos, desde onde volverán ao colexio cara as dúas da tarde”. E xa o día 21 o alumnado do Gregorio Sanz partirá do colexio ás 10 da mañá para ir ata a praia das Catedrais, “onde se desenvolverá a primeira parte da actividade, e despois ao cabo de hora e media retornaremos ao centro, onde asistirán a unha charla temática ambiental. Arredor de 100 rapaces/as participarán na limpeza do emblemático areal”.