O rexedor declarou que “no encontro entre a rúa Recarey e a rúa Deputación acabamos de facer unha limpeza coa brigada de Medio Ambiente do Concello, a través dunha execución subsidiaria, dado que esta parcela atopábase nunha situación lamentable desde o punto de vista da salubridade e de ornato público”.

Fernando Suárez comentou que “é unha parcela particular que, no seu momento en reiteradas ocasións, fomos advertindo aos seus propietarios de que isto non podía ser así. Finalmente diante da súa falta de actuación, decidimos executar unha nova acción subsidiaria”.

O alcalde ribadense engadiu que “agora o custo de todos estes traballos, xunto coas sancións que teñen acumuladas, intentaráselles pasar por vía de constrinximento e se non o satisfan, no prazo que a lei establece, iniciaremos un procedemento de apremio sobre o patrimonio, sobre esa propiedade, tal e como estivemos facendo con outras”.