O edil nacionalista dixo que “xa que hoxe se celebra o día internacional do medio ambiente quero aproveitar para pedirlles aos propietarios de fincas urbanas que estean con abundante vexetación, maleza ou residuos que procedan á súa limpeza en aras de ter e ofrecer a mellor imaxe de Ribadeo. Tamén a aqueles do medio rural con fincas preto das casas para que respecten que alí vive xente e que procedan á súa limpeza e adecentamento”.

Cupeiro tamén se referiu ás últimas treboadas caídas na zonao “que ocasionaron problemas no porto deportivo de Ribadeo porque cando chove moito os sumidoiros non son capaces de absorber toda a cantidade de auga que cae e levántanse as tapas das alcantarillas na parte baixa que vai ao porto. Nin siquera o emisario é capaz de recoller toda esa auga e o que nos estamos a atopar son restos de plásticos, produtos de hixiene femenina ou trapos, entre outros obxectos”. O responsable de Medio Ambiente aproveitou para pedirlles “a todos os nosos veciños e veciñas que se absteñan de botar polos retretes todos estes produtos, que despois aparecen a flote no porto deportivo porque reventan as tapas das alcantarillas e deixan todo feito un desastre. Isto pódese correxir fácilmente, tendo uns bós hábitos, é necesario que no wáter se deposite só o papel e non o resto das cousas que a diario se botan por aí”.