O alcalde, Fernando Suárez, contou que “estamos traballando con moita intensidade nestes días nunha actuación xa programada hai un tempo polo compañeiro Mundiña, o concelleiro ata hai uns días de Medio Rural. Trátase da limpeza de cunetas, especialmente nas parroquias costeiras que tiñan unha falta enorme desde hai xa bastante tempo”.

O rexedor sinalou que “estivemos por unha banda facéndoo con medios propios con esta nova máquina limpadora de cunetas, que está dando moi bo resultado alí por onde estamos indo, e por outra banda tirando de recursos externos facendo unha contratación menor para realizar unha limpeza de cunetas na subida a Noceda, na estrada do Monte, nos barrios de Vilagoiz e de Vilandriz”.

Suárez Barcia indicou que “son unha serie de quilómetros que, entre o contratado fora e o feito con recursos municipais, nestes aproximadamente dous meses imos actuando sobre uns sesenta quilómetros de cunetas municipais, que sen dúbida é moi importante pero queda moito máis por facer. Pero estamos iniciando unha actuación máis integral por todas as parroquias e estas parroquias costeiras no sucesivo serán seguidas por outras do interior”.