Seis operarios son os que se están a encargar destas tarefas que foron supervisadas polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. O edil nacionalista asegura que “na praia hai toneladas de algas que trouxo o mar co último temporal de hai unhas semanas. Os traballos de limpeza son difíciles porque hai unha gran cantidade enterrada e mezclada coa area, e ainda se complica máis esta tarefa polo feito de non poder baixar máquinas como apoio a estes operarios que traballan desde onte”. Cupeiro engade que “de todas formas a praia está xa casi limpa na zona de baño, pero segue con moitas algas nos puntos aos que non chega a marea”.

O concelleiro de Medio Ambiente pide disculpas aos usuarios “e teño que decirlles que faremos o posible por ter a praia nas mellores condicións para o seu uso e disfrute estes días”.