No pleno do Concello aprobóuse por unanimidade a licitación das obras de mellora da travesía urbana de Ribadeo, un tramo de máis de catro kilómetros que discorre entre as rotondas da Vilavella e Dompiñor. A inversión ascende a 1.025.000 euros e o prazo de execución será de nove meses. O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “a titularidade deste tramo foi transferida hai un tempo ao Concello e acompañada dun diñeiro que temos que destinar a mellorar parte deses tramos que foron cedidos”. O rexedor sinala que “por parte dos técnicos municipais fíxose un proxecto complexo e ambicioso, ainda que seguramente e a pesares de que é unha cantidade das máis importantes investidas en Ribadeo dunha soa vez, quedaron aspectos deses tramos que necesitaríamos de máis diñeiro para facelo todo correctamente”.

Fernando Suárez explica que “se actuará dunha forma intensa e moi importante na zona da Vilavella, no que é a travesía toda de Ribadeo é dicir na Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Galicia, Avenida de América e tamén na zona de Vilar. Desde logo será unha actuación que levará á humanización deses viais, cambiarase o pavimento das beirarrúas por un novo, mudarase o sistema de alumeado público, poñeránse árbores, cambiaranse tamén as tuberías de uralita que non están adaptadas á normativa de hoxe en día. Haberá polo tanto moita inversión da que non se ve, pero que é moi importante porque implicará que todas as conducións queden modernizadas”.

O alcalde pensa que “o Concello nunca licitou unha obra de tanto montante económico coma ésta que ten que estar executada en dúas anualidades. Neste 2009 debemos invertir 307.000 euros e no 2010 a diferencia, uns 713.000. Seguramente concurran unha serie de empresas importantes, as calificacións e os requisitos específicos vánse endurecer para poder traer á mellor firma que poida facer esto coas menores molestias posibles, ainda que sabemos que cunha obra desta magnitude habemos incordiar, molestar… pero o resultado final estaría aí e vai ser unha maravilla entrar na nosa vila por unha travesía humanizada e perfectamente operativa tanto para os veciños que viven ao pé desta rúa como para aqueles que visiten Ribadeo”. Fernando Suárez agarda que as primeiras obras dean comenzo nos últimos meses deste 2009.