Nove son as casetas nas que outras tantas librarías presentan as súas propostas para a lectura de adultos e nen@s. Ademáis haberá presentacións de libros durantes estes días, música, teatro, obradoiro de cociña para os/as máis pequen@s da casa e por cada compra superior a 10 euros darase un boleto para o sorteo dun atado de libros e unha bolsa con produtos da horta.

A feira ribadense do libro foi visitada esta mañá, minutos despois da súa apertura, polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.