A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan, dentro da programación conmemorativa do 8 de marzo, unha charla presentación do libro Comer para vencer el cáncer. Será impartida pola doutora Paula J. Fonseca no Cine Teatro o 6 de marzo ás 20:30 horas.

A edil Mariluz Álvarez Lastra subliña que “esta charla vai dirixida á poboación en xeral e de maneira especial ás mulleres de Ribadeo e a súa comarca. Na mesma, a prestixiosa oncóloga compartirá consellos para alimentarse axeitadamente. Tamén falará sobre as plantas medicinais e as súas propiedades buscando evitar a enfermidade a través da comida sa”.