Programación Letras no Campo do venres 24 de maio

letrasnocampo_venres24

Estes días iremos ofrecéndovos de maneira detallada a programación cultural prevista para cada día na contorna do Campo de San Francisco.

Comezamos polo venres 24:

Ás 11.00 h temos unha actividade para todos os públicos organizada e representada polo equipo e as persoas usuarias do centro de día A Concordia de Ribadeo. É unha proposta interxeracional arredor do libro Por catro esquiniñas de nada, de Jêrome Ruillier.

Ás 12.00 Horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O Proxecto Trabe de Ouro ofrécenos un Concerto didáctico-musical centrada na música e nos cantares dos Maios. Participan os cursos de 5º e 6º de primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón

Ás 19.00 h preséntase a primeira das publicacións previstas, moi vinculada esta a Ribadeo tanto pola temática coma polo autor e o editor da mesma: O profesor Antonio Gregorio presenta da man de Antonio Andina e de Eoditorial o seu libro A temperie ribadense no século XXI (até 2023).

Ás 20.00 h Pregón a cargo de Quique Roxíos, escritor, divulgador e activista cultural en galego eonaviego.

Ás 20.30 Horas, no quiosco do Campo de San Francisco., concerto de peche de xornada a cargo do Proxecto Trabe de Ouro: O cantar dos Maios.