Máis de 500 traballos se presentaron aos Certames de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016, convocados pola Biblioteca El Viejo Pancho. A entrega de premios aos gañadores, que tivo lugar nas últimas horas, foi presidida polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.

O edil nacionalista contou que “fixemos a entrega dos Premios da fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016 convocado pola Biblioteca El Viejo Pancho. O tema proposto este ano foi Canta Bichería. Os animais reais ou fantásticos tiñan que ser os protagonistas”.

Graña explicou que “se presentaron 152 narracións e 350 debuxos que se reparten por categorías deste xeito: en Narración 31 na Categoría A, 58 na Categoría B e 63 na Categoría C e en Debuxo 147 na Categoría A, 80 na Categoría B e 123 na Categoría C”.

E engadiu que “desde a Concellaría de Cultura e a Biblioteca El Viejo Pancho queremos dar as grazas ao equipo directivo dos Centros de Ensino polo interese que demostran nestes Certames, ao profesorado e as familias, que animan e axudan a rapazas e rapaces a participar nel, e tamén, como non, a Rosa Paz Rico, a Teresa González Piñeiroa, a Chus Colmenero Torres e a Guillermo Hernández Rodríguez pola súa desinteresada colaboración como membros do xurado. Tamén queremos dar os nosos parabéns  a todas as premiadas e premiados”.

NARRACIÓN
CATEGORÍA A (ata 8 anos)

“FLOR” Ainhoa Castrillón Villar (8anos) C. Sagrado Corazón

“BICHOS” Mateo González Rolle (8 anos) C. Sagrado Corazón

“A TARTARUGA QUE QUERE SER BAILARIÑA” Irene García Valle (8anos) C. Sagrado Corazón

CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
“MUKY” Andrés Portela Besteiro (10anos) C. Sagrado Corazón

“A VACA” Alex Bentley Blanco. (11anos) C. Sagrado Corazón

“ATLETISMO ANIMAL” Sergio García Legazpi. (10anos) C. Sagrado Corazón

CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
“O CANCIÑO PEQUECHO”Uxía Fernández Vázquez (16 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

“PO BRANCO” Samuel Alonso Espiñeira (16 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

“O CONTO DO 36 : FÁBULA DUN 17 DE XULLO” Yanira Reimundo Barrios (16anos) C. Sagrado Corazón

Accésit “ESAS IDEAS INEXPLICABLES…” Daniel Pérez Vargas (16anos) C. Sagrado Corazón

DEBUXO
CATEGORIA A (ata 8 anos)

Javier Riesco de la Osa (8anos) C. Sagrado Corazón

Paula Conde Carrelo. (8 anos)Ceip Gregorio Sanz

Alex Bors Méndez (6anos) C. Sagrado Corazón

CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
Donovan Pinto Martínez. (10 anos)Ceip Gregorio Sanz

Daniela Pertejo Ortiz (9 anos)C. Sagrado Corazón

Mencía Ferreiro García (9 anos)Ceip Gregorio Sanz

CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
Irene Logares Carvajales (12anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Iria Freije Yanes (12 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Carla López Rodríguez(12 anos) Colexio Sagrado Corazón

Farruco Graña sinalou que “todas as obras premiadas van participar na fase provincial deste concurso. Desexamos moita sorte aos premiados e premiadas na fase local”. Os gañadores recibiron como agasallo libros ademais de diplomas.