<p>A Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2017, na súa fase local. Está destinado a nenos e nenas de ata 16 anos. O prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 5 de maio. O fallo do xurado local farase público despois do Día das Letras Galegas.</p>