A Casa do Mar acollerá o vindeiro mércores, 2 de decembro, unha charla-coloquio sobre a Lei de Dependencia. Asesoramento legal sobre como actuar ante a falta de prestación de servizos por parte da administración é o seu título. Está organizada por A Mariña Asesores e as súas firmas de avogados asociadas e en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociosanitarios.

O acto dará comezo ás 20:30 horas. Os poñentes serán: Victoriano de Azcárraga Varela, Miguel Fernández Freire e Alfonso Fernández González-Seco.

A charla-coloquio está aberta a todas as persoas que queiran asistir. “É un tema que preocupa a toda sociedade e por iso quixemos convocar este acto”, explican os organizadores.