O rexedor amósouse sorprendido esta tarde: “¡Qué paradoxas da vida!. Ribadeo sen taller de emprego e o que supostamente é o portavoz do PP, porque aquí hai varios e un non sabe moi ben a onde diririxirse, Jesús López Penabad está contratado nun taller de emprego”.

Suárez Barcia sinalou que “”é paradóxico que a Xunta do PP queira para isto os talleres de emprego, é dicir para meter aos seus. A parte de resultarme paradóxico, quizáis para buscarlle algo positivo, quero aproveitar xa que ten este novo posto na escola taller de Cervo, Alfoz e O Valadouro, curiosamente os partidos políticos que gobernan neles son o mesmo, a ver si pode tratar de averiguar porque, aínda que a Xunta a nós non nos comunicou as causas polas que nos desestiman a nosa solicitude de taller de emprego, a ver si él pode averiguar cales foron as causas”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “así si nolo deran él tamén tería opción de traballar con outros ribadenses aquí. É unha mágoa que non puidese intentalo aquí en Ribadeo porque tamén podería aforrar a kilometraxe que agora vai ter que pagar para ir o seu centro de traballo neste taller de emprego e neste posto de traballo que acaba de estrena”.