O Concello de Ribadeo fai saber mediante un Bando que a Unidade Móbil da ITV  levará a cabo unha inspección técnica de ciclomotores os días 8, 9 e 13 de outubro.

Desde o Concello informan que esta inspección técnica terá lugar na antiga estación de autobuses, detrás das vivendas sociais (na Ronda do Cárcere) os días 8, 9 e 13 de outubro de 2020. O horario de mañá será dende as 9.00 horas ata as 13:30 horas e de tarde de 15:15 a 18:00 horas.

A cita poderá concertarse por internet ou no teléfono 902 30 90 00. Ademais, subliñan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspeccións regulamentarias.