Con motivo das festas patronais de Ribadeo, a ITV de ciclomotores cambia de ubicación  e os días 7 e 8 de setembro pasará de facerse na antiga estación de autobuses, ao pavillón polideportivo (Zona Lateral), sito na Avenida de Luarca.

O horario de inspección será de 9:00 a 13:00 horas e de 15:15 a 18:00 horas. A cita poderá concretarse no teléfono 902 30 90 00.

A alcaldesa en funcións, Mónica Freire, informa deste cambio a través dun Bando feito público no día de hoxe.