O Concello ten intención de inscribir no rexistro da propiedade a seguinte certificación do inventario de bens municipais. Trátase dunha edificación sita na rúa Bispo Veres, nº2-4 no casco histórico da vila. Dito inmoble, do que se descoñecen os seus actuais propietarios, foi declarado en ruína total por acordo da xunta de goberno local en febreiro de 2015. E non consta inscrición algunha no rexistro da propiedade.

Debido a todo isto o Concello resolve propoñer a inclusión no inventario municipal de bens desta edificación, decisión que fai pública para que calquera persoa que se considere con algún dereito sobre este ben formule, no prazo de 30 días, as alegacións ou reclamacións que considere procedentes.

Este anuncio do Concello de Ribadeo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o pasado 29 de xullo.