O auditorio municipal acolle durante esta fin de semana a segunda edición do Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval, que foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. Un acto ao que asistiron responsables da Asociación de Amadores da Música, de Musiqueando, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo ademáis do alcalde, Fernando Suárez, da concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra e do responsable da área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga. O certame reparte nesta ocasión 1.700 euros en premios.