O territorio ribadense posúe hábitats naturais de notable diversidade. Entre os espazos que sobresaen por esta riqueza destaca o da propia ría, incluída en Rede Natura 2000 como LIC xunto co río Eo; declarada ZEPA desde 1989; e Zona Húmida de Importancia Internacional inscrita no convenio Ramsar desde 1994. A todo isto hai que sumarlle o seu recoñecemento como refuxio nacional de caza desde 1983.
A ría de Ribadeo constitúe un lugar de grande importancia como área de paso ou refuxio invernal de numerosas especies anátidas e limícolas (corvo mariño real, garzota, garza real, pato asubión, certeta real, alavanco real, pato rabilongo, galiñola negra…), mentres que as súas augas posúen importantes poboacións de salmón, lamprea, reo, cangrexo de río ou mexillón de río.Vexetación de Punta Corba
A Casa da Ría, no Monte de Santa Cruz, alberga a aula de interpretación da natureza
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo