Concello de Ribadeo


Compartir:

Economía e desenvolvemento


Desde a área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo concibimos o territorio non só como un espazo físico senón como un actor clave no proceso de desenvolvemento, un verdadeiro axente de transformación social no que conflúen trazos socioculturais, históricos, económicos e ambientais propios. Todos eles conforman os recursos que representan o noso potencial.

O noso obxectivo éartellar adecuadamente estes recursos afrontando o reto de crear novas sinerxias no territorio que nos permitan aumentar a calidade de vida da cidadanía. Así, coordinamos as nosas actuacións cos diferentes axentes locais desde un enfoque integral e co fin de favorecer ao desenvolvemento socieconómico do territorio.

Neste senso, a nosa finalidade principal é modificar o entorno produtivo, social e territorial co fin de incrementar a calidade de vida da comunidade local a través de:
  • Promoción do desenvolvemento económico local e do emprego.
  • Transformación do tecido económico local, potenciando a súa eficacia e competitividade.
  • Fomento da diversificación económica local e incremento do valor engadido das actividades locais existentes a través da promoción de novas actividades económicas, tendo en conta as diferentes potencialidades e demandas do territorio.
  • Favorecer o mellor aproveitamento dos recursos locais, reais e potenciais.
  • Valorización do patrimonio histórico e natural como activo para o desenvolvemento local.
Acordo


© 2008 Concello de Ribadeo