Concello de Ribadeo


Compartir:

Cultura



Desde a Concellaría de Cultura queremos que os/as ribadenses, así como os milleiros de visitantes que cada ano escollen o noso concello como destino das súas viaxes, atopen aquí unha oferta cultural estable, de calidade e que non esquece as súas raíces ao tempo que se abre a outras culturas con curiosidade.

Para conseguilo, dispoñemos dunha serie de espazos privilexiados que dotamos dunha programación pensada para todos os públicos e que destaca por atender a xéneros moi diversos: desde o teatro á música, pasando por disciplinas como a danza, a plástica, as produccións audiovisuais...

Sabedores de que o mantemento e a divulgación dos nosos valores culturais pasa non só por atender á exhibición, senón tamén á formación e á educación, unha parte importante do noso traballo vai encamiñada a apoiar as nosas escolas, verdadeiras 'canteiras' dos que no futuro agardamos que enchan as nosas salas e ¿por que non? os nosos escenarios.

Neste espazo poderás coñecer todas as características dos principais equipamentos culturais que pon ao teu dispor o Concello de Ribadeo, así como a programación que o departamento de Cultura organiza, promove ou apoia en cada un deles ao longo do ano.
Teatro de rúa


© 2008 Concello de Ribadeo