Vilaframil
A parroquia de Vilaframil está situada no centro do sector costeiro de Ribadeo, limitando co Mar Cantábrico e coa parroquia de Rinlo polo norte, coa de Piñeira polo leste, coa da Devesa polo oeste e coa de Covelas polo sur.
Cunha extensión de 8,23 km2, Vilaframil posúe unha densidade de 39,61 habitantes/km2 e unha poboación de 326 persoas (
INE 2007) distribuídas nas seguintes entidades de poboación: O Campo de San Lourenzo (83), Carreira Branca (15), Coedo (1), O Coto (48), A Granxa (13), A Madalena (32), O Pinar (deshabitado), O Regueiral (2), Río Caínzos (11), San Xillao (61), O Tombín (24), O Valado (25), A Requeixada (3) e A Siñeira (8).
Equipamentos
- Escola de Valado
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
- Pista polideportiva do Circo
Festas