Concello de Ribadeo


Compartir:

Rinlo


Rinlo é a parroquia máis pequena en extensión de Ribadeo (1,13 km2) e, a pesar disto, a segunda en canto a densidade de poboación (235,39 habitantes/km2). Está practicamente rodeada polo Mar Cantábrico, salvo no sur, onde linda con Vilaframil e A Devesa.

A súa poboación, de 266 habitantes (INE 2007), está concentrada nunha única entidade de poboación conformada por un fermoso pobo mariñeiro situado a carón da enseada da Areosa, por onde entran as ondas en días de forte temporal. Coñécense con todo na parroquia os lugares de O Campo de María Méndez, O Campo de San Pedro, O Campo do Cristo, O Cantal, O Cotarelo e A Virxe Branca.

Rinlo ofrécelle ao visitante a típica estampa mariñeira rodeada dunha paisaxe propia do rural, un lugar caracterizado pola presenza de cantís e furnas; por fortes temporais e ventos e por unha costa na que se suceden as cetarias, accesibles hoxe en día grazas a construción dunha pasarela de madeira que percorre toda a costa.

Algo de historia

Segundo as persoas maiores do lugar, Rinlo é un pobo con máis de 500 anos de historia cuxas orixes quedan ligadas á presenza dun porto baleeiro.

Coñecido popularmente como o lugar no que se crían os mellores percebes, lagostas, lumbrigantes e centolas de toda a costa Cantábrica, Rinlo conta coa segunda confraría de pescadores máis antiga de España. A riqueza destas capturas vén favorecida polas fortes batidas do mar contra as súas penas, nas que se forman numerosas covas.

O seu forte carácter mariñeiro pode apreciarse en múltiples detalles: casas que semellan colgadas sobre os cantís, rúas estreitas arrimadas ao litoral, a proximidade do mar ao núcleo de poboación...

Equipamentos

Festas

Rinlo
Patrimonio
Aloxamentos e restaurantes

Documentación