Ove
Ove linda polo nordeste con Ribadeo, tendo parte deste núcleo urbano no seu territorio, e con Vilaselán. Polo norte e o noroeste fai fronteira con Piñeira; polo oeste con Covelas; polo sur con Santalla de Vilausede, co río Grande como elemento conformador de boa parte deste linde; e polo leste co estuario do río Eo.
Cunha superficie de 17,24 km2 e unha densidade de 25,40 habitantes/km2, Ove suma 438 habitantes no seu territorio (
INE 2007). Estes, distribúense nos núcleos de As Aceñas (7 habitantes), Acevedo (5), A Capela (6), As Casas Novas (10), O Covo (7), A Faxarda (31), Frieira A Nova (18), Frieira A Vella (5), Os Garitos (29), A Graña (14), Os Guildeiros (1), A Eirexa (36), Chao (27), A Palmeira (62), Pastoriza (22), Reme de Abaixo (15), O Río de Ove (5), O Río de Ramos (abandonado), Santa Cruz (17), O Valín (2), Vilar (1 habitante), Os Malatos (8), O Río Pequeno (12), A Veigadaira (33), Seixadelo (3), O Chao de Ove (49), A Estación (13); no seu territorio aparecen tamén os seguintes lugares formando parte dalgunha das devanditas entidades: A Escaleira, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín
Ten unha altitude media de 40 metros.
Equipamentos
- Telecentro de Ove
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que conta cun equipamento informático completo, de 12 ordenadores con conexión a internet.
Festas