Covelas
Covelas está situada no sector central do municipio. Limita polo norte con Vilaframil, A Piñeira e A Devesa, parroquia que se estende tamén por boa parte da súa fronteira occidental (onde tamén atopamos a Arante). Polo leste, Ove ocupa a maior parte do seu límite, a excepción do sector sueste, onde o río Grande actúa como linde con Santalla de Vilausende. Polo sur este mesmo río marca tamén a fronteira coa parroquia de Cedofeita, e ao sudoeste o rego Lexoso fai o mesmo coa de Arante.
Ten unha superficie de 15,21 km2, unha densidade de 29,77 habitantes/km2 e unha poboación de 420 habitantes (
INE 2007) que se distribúe en 19 entidades: As Anzas (72 habitantes), Os Batais (11), Os Carboeiros (8), Celeirós (5), O Esfolado (16), Marelle (12), A Ponte (7), Reme de Arriba (14), Sa (29), Salcedo (29), San Vicente (73), O Vilar (20), Vilela (101), A Cabana (4), A Capela (2), A Casa da Hedra (13), O Pousadorio (abandonado), A Silveira (abandonado), e Somo (6 habitantes); conta tamén co lugar do Mondigo.
Aínda que Covelas presenta unha altitude media de 160 metros é aquí onde se atopa o punto máis elevado de Ribadeo: o Monte Mondigo, con 571 metros de altitude, conforma neste caso o teito do municipio.
Esta parroquia, xunto coas de Arante e Santalla de Vilausende, concentra a maior parte da produción agrícola e gandeira do concello.
Algo de historia
Covelas aparece documentada como
Covellas en textos da alta idade media, aínda que no ano 1488 aparece como
Cubelas, nome castelán que aínda convive na actualidade co de Covelas.
Equipamentos
- Escola das Anzas-Local de Ensaio
Local de Ensaio integrado na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.
- Escola de Covelas
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
- Escola de Vilela
- Polideportivo de Covelas
Festas