Concello de Ribadeo


Compartir:

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DAS CATEDRAIS


Este plan especial vén determinado polo disposto no artigo 464 das normas do Plan Xeral de Ordenación
Municipal aprobado definitivamente en decembro de 2014. No artigo citado, única referencia textual que fai o plan xeral a este plan especial, dise: "Para a praia das Catedrais o PXOM delimita un Plan Especial de protección co obxectivo de reordenar, restaurar e protexer as praias e o seu entorno. Dito Plan especial deberá ser remitido para informe de adecuación ao POL e cumprirá coas determinacións do POL". Esta prescrición formula o cumprimento das determinacións do planeamento de rango superior que necesariamente compete a un plan de desenvolvemento como é este, en dous tempos:

• En canto á clasificación do solo, remítese ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.
• En canto ás regulacións dos usos por seren estas máis restritivas, remítese ao Plan de Ordenación do Litoral, ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia e ao Plan de Conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DAS CATEDRAIS



© 2008 Concello de Ribadeo