O rexedor dixo que “a raíz dunha comunicación dos técnicos municipais sobre esta acometida de cables que surten de fluido eléctrico ao alumeado que vai polo paseo do faro, soubemos que unhas 20 arquetas de cableado foron manipuladas e desenterradas en moitos dos caso. Isto nos pode levar a pensar por unha banda nun acto vandálico, aínda que difícil, e por outra nun intento descarado de roubo deste cable que é unha cantidade importante de cobre que unha ou varias persoas, por algún motivo, quixeron roubar nun sitio apartado, como é o paseo do faro, de noite cando non hai ninguén por alí, pero por algún motivo non chegaron a perpetrar o roubo”.

Suárez Barcia explicou que “indiquéille á Policía Local que extreme a vixianza neste entorno e tamén á Garda Civil, que é a que patrulla polas noites, para que teña en conta este detalle tan  rechamante e apelo tamén á colaboración cidadá para que si alguén ve algo sospeitoso, agora ou no futuro, o faga saber ás autoridades competentes. En Ribadeo xa non deixa de sorprendernos calquera cousa que poida pasar”.