Díaz Freije comentou hoxe que “tivemos unha fin de semana intensiva no que respecta ao deporte no concello de Ribadeo. Subliñar que houbo moita competición, tanto o sábado como o domingo, en hockei, fútbol, fútbol sala, baloncesto, rugbi, paddle, etc… houbo de moitas disciplinas e colaboramos con estes clubs como vimos facendo sempre e poñemos tamén en valor as instalacións das que o Concello dispón para que estes equipos fagan as súas actividades tanto nos adestramentos como en competición”.

O concelleiro nacionalista dixo que “o domingo tamén se celebrou, a partir das catro e media da tarde, unha actividade gratuíta para nenxs cos monitores de tempo libre. Foi unha fin de semana bastante intensa e queremos agradecer a todos os que colaboraron e aos nenos e nenas que competiron. O Concello dálle valor a todos estes eventos deportivos polo que supoñen para a economía local, veñen as familias e os acompañantes e algo sempre repercute na vila”.

Jorge Díaz salientou que “volvemos poñer en valor tanto a dispoñibilidade dos clubs como do Concello coas súas instalacións en todo momento para axudar no que podemos. Seguimos apoiando o deporte base, que é unha das iniciativas do Concello de Ribadeo desde sempre”.