Os contenedores para a recollida do aceite usado de cociña están ubicados na explanada do hipermercado Eroski, nas inmediacións do Parque San Francisco (preto da parada de taxis) e na rúa Doctor Moreda. O edil nacionalista di que “queda un máis pendente de colocar na rúa Transversal. Estes contenedores son financiados por varias empresas polo que lle saen gratis ao Concello de Ribadeo”.

Horacio Cupeiro considera que “serán un punto de acopio de aceite de fritura moi importante”.