A presentación tivo lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria PedroMurias ata onde se desprazaron a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,Elena Rivo, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega. 

O rexedor dixo que “Tecendo Coidados é o obradoiro de emprego que ten o Concello deRibadeo xunto co de Barreiros, ao que lle quero agradecer a súa colaboración e a súaaposta polo emprego”. Para Vega “Ribadeo é un exemplo claro do que é formar a moita xente, colaborar,asesorar e tamén xestionar a formación que necesitamos para esa busca de emprego”. 

O alcalde manifestou que “os obradoiros son outra maneira de formar a moitas persoas.Durante estes doce meses mozas e mozos menores de 30 anos formaranse en atenciónsociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e en dinamización,programación e desenvolvemento de accións culturais. Son 16 persoas, as que vanparticipar neste obradoiro, 8 por especialidade, neste caso 12 de Ribadeo e 4 deBarreiros. E o orzamento total é de 425.000 euros”. 

Dani Vega subliñou que “os obxectivos son claros: mellorar a ocupabilidade, acualificación e apostar pola inserción profesional das persoas mozas participantes nesteobradoiro de emprego; educar, entreter e, incluír aos maiores de ámbolos dousconcellos a través da realización de proxectos de xestión e animación cultural; e taménapoiar e atender aos usuarios e usuarios ds residencia municipais e do Centro de Día A Misericordia baixo as directrices dos equipos interdisciplinares dos citados centros, asícomo poñer en marcha o proxecto Coidando ao Coidador, que pretende ser unhaferramenta de información e acompañamento dos coidadores de persoasdependentes”. 

O alcalde tamén fixo fincapé na saída laboral “nun sector onde hai moitaempregabilidade nas residencias municipais ou no coidado desas persoas maiores queestán nas súas casas e precisan do Servizo de Axuda no Fogar. Creo que hai moita saídalaboral e nós debemos estar aí traballando conxuntamente, investindo naempregabilidade e na formación, claves para o futuro dos concellos tanto de Ribadeocomo de Barreiros”.