Nas últimas horas un cidadán de Ribadeo púxose en contacto coa Concellaría de Medio Ambiente para denunciar unha infracción medioambiental. Trátase dun depósito de residuos de construcción mesturados con outros produtos tóxicos, que apareceron nunha cuneta dunha pista da parroquia de Piñeira.

Segundo explican desde a Concellaría de Medio Ambiente “en colaboración coa Policía Municipal conseguimos identificar aos responsables do establecemento que cometeu esta infracción e que será sancionado, como non pode ser doutra maneira. A sanción será exemplarizante”. Para Horacio Cupeiro “estas actuacións son froito da irresponsabilidade destes delincuentes medioambientais. Non pode ser que desde o Concello esteamos a facer un esforzo importante en xestión de residuos para que algúns individuos teñan estes comportamentos”.

O responsable de Medio Ambiente en Ribadeo subliñou que “iremos en busca deste tipo de delincuentes medioambientais e para elo pedimos a colaboración veciñal de todas aquelas persoas que queiran defender o espazo no que, por sorte, nos toca vivir”.