Suárez Barcia sinalou que “si ben nesta mañá de mércores amencíamos cun novo conato de incendio forestal rematamos a xornada na tarde-noite cun incendio nunha pizzería céntrica de Ribadeo. Non houbo que lamentar desgracias persoais, foi moi aparatoso e vistoso pola cantidade de fume que de alí saía. O lume orixinóuse na cociña dese establecemento, pero a rápida actuación de Protección Civil, da Policía Local, da Garda Civil e do parque comarcal de bombeiros impediu que houbera unha traxedia grande”.

O rexedor dixo que “en Ribadeo levamos un tempo cunha certa racha de incendios importante. Espero que se disipen pronto, os do monte porque chova e os do centro urbano porque agardamos que tardemos moito tempo en ter que afrontar algo similar. Felicitar a todas as persoas que participaron nesta rápida actuación na que afortunadamente só temos que lamentar danos materiais, pero os danos materiais amáñanse e as persoas é máis complicado e é polo que nos temos que congratular”.