<p>Este mediodía declarabase un incendio no baixo dunha casa en Palmeira na parroquia ribadense de Ove. Ata o lugar dos feitos se desprazaron efectivos de Protección Civil co camión de extinción de incendios do Concello de Ribadeo, bombeiros do parque comarcal de Barreiros, a Garda Civil e concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. Todo apunta a que o lume se iniciou nun neumático a carón do que foron depositadas unhas cinzas. No incidente non houbo que lamentar desgracias persoais nin tampouco cuantiosos danos. </p>