A este acto asistiron e interviñeron o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira; a concelleira de Cultura de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. A inauguración desenvolveuse a carón das 11 casetas da Feira do Libro e alí puido verse un telón pintado en Vilaselán que fora empregado nunha das primeiras representacións realizadas pola asociación Francisco Lanza, que foi a encargada de organizar a Feira do Libro Galego en Ribadeo ata a década dos 90 do século pasado.

Autoridades e público cursaron visita aos expositores e disfrutaron durante o acto coa actuación do grupo de clarinetes da Escola Municipal de Música de Ribadeo.

A Feira do Libro de Ribadeo estará aberta ata o vindeiro domingo. O horario de visita é de 12 a 14 horas e de 18 a 22 horas. Ao longo destes días desenvolverase un amplo programa de actividades teatrais, musicais e destinadas aos máis pequen@s.