O rexedor sinala que “o día de hoxe é moi importante desde os puntos de vista simbólico e operativo respectivamente para o polígono industrial de Ribadeo, porque nesta xornada é cando se inaugura a primeira das empresas que adquiriron unha parcela no parque empresarial, que construiron a súa nave con licencia de obra e que conta con licencia definitiva para poder operar. Hai outras que nas vindeiras semanas rematarán as súas obras e pedirán as súas licencias de actividade para empezar tamén a traballar”.

Para Suárez Barcia “isto demostra que chegamos ao final dun longuísimo camiño. Trátase do recoñecemento e do esforzo realizado para saltar todos cantos obstáculos houbo para contar con solo industrial en Ribadeo. Quero lembrar o traballo dos alcaldes que me antecederon, que tamén foi importante, todos aportaron o seu grao de area desde o convencemento da boa fé que todos tiveron para que Ribadeo tivese un polígono industrial. A todos eles lles quero agradecer o traballo realizado. O noso goberno tivo un papel fundamental para desbloquear os temas enerxéticos deste polígono, pero tamén houbo outro tipo de obstáculos económicos, urbanísticos, de ubicación, etc”.

O alcalde ribadense subliñou que “é de recoñecer ás pequenas e medianas empresas, aos autónomos, que son básicamente o corazón e o motor deste país, que teñan a valentía de poñer en marcha actividades económicas coma éstas que se están a instalar en Ribadeo, e que contribúen a manter e a xenerar novos postos de traballo. Agardamos que detrás deles veñan outros e que contribúan coa inversión en traballo, que é a que xenera riqueza, e non con inversión en especulación, que xa se ve cómo está a bolsa, a prima de risco e todo o que nos está a zarandear dun xeito importante”.

Fernando Suárez reiterou que “como sempre digo, non é por localismo e por meterme con ningún dos concellos cercanos, pero o polígono industrial de Ribadeo en términos obxectivos de cercanía, posibilidade e boa comunicación é do mellorciño que temos tanto na Mariña de Lugo como no Occidente asturiano”.