<p>O vindeiro domingo, día 7, haberá modificacións no tráfico rodado nalgunhas rúas de Ribadeo ata as 15:00 horas. Será por mor da celebración da segunda edición da Heroican Race na vila. O alcalde, Fernando Suárez, asinou un Bando advertindo desta situación.</p>