I Marcha interxeracional “San Silvestre” máis metros máis posibilidades (Metros Interxeneracionais pola Accesibilidade e a Inclusión).

San Silvestre Interxeracional

Percorrido: Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España (150 m).

Esta actividade físico-deportiva está deseñada para todas as persoas. Con ela queremos destacar que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá. A marcha será tamén unha ferramenta pedagóxica ca que facilitar a adherencia a unha vida fisicamente activa e saudable, nunha sociedade cada vez máis sedentaria.A dinamización desta actividade popular e integradora permitirá aplicar a accesibilidade dunha maneira inclusiva e normalizadora. Fomentaremos en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria en todos os niveis. Gustaríanos que toda a cidadanía se vexa chamada a participar neste evento deportivo: A nosa meta é alimentar a conciencia social sobre a diversidade de capacidades das persoas maiores e potenciar valores inclusivos.Queremos tamén favorecer a construción de relacións afectivas fora do contexto do CAPM.

Prazo de Inscrición : 1-15 de Decembro.

Todas as persoas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a “poñerse nos zapatos” das persoas con capacidades diferentes. A diversidade vai acompañada, lamentablemente, de barreiras (visibles e invisibles), limitacións e dificultades provocadas pola falta de accesibilidade dos entornos.Precisamos entornos que entendan as necesidades das persoas e se adapten a elas.Info e inscricións: CAPM “A Concordia” de forma presencial ou nosTfnos: 982 120 407 / 638 295 573.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comenta que “os obxectivos desta I Marcha Interxeneracional son a inclusión e a accesibilidade. Máis metros, máis posibilidades”. A edil de Benestar Social, Elena Sierra, anima a participar nesta cita: “desde o Concello facemos unha chamada á participación de nenas e nenos, avoas, avós, con bastón, con muleta, con andador, en cadeira de rodas… é un percorrido corto e inclusivo, que queremos facer todas xuntas e xuntos”.