Hoxe rematou o obradoiro de emprego Vilas Coidadoras.Durante 12 meses vinte persoas de Ribadeo e de Barreiros recibiron formación en dúas especialidades. O alcalde, Dani Vega, subliñou que “seguiremos apostando polos obradoiros deemprego apegados á realidade”.

O rexedor contou que “remataron 12 meses de traballo e de formación. Vinte alumnos estiveronformándose, porque desde os Concellos de Ribadeo e de Barreiros estamos empeñados en que aformación é clave para lograr a empregabilidade, para ese emprego de calidade e nosoutrosseguiremos apostando polos obradoiros de emprego”.En Vilas Coidadoras participaron vinte persoas, 10 por cada especialidade, Dinamización,Programación e Desenvolvemento de Actividades Culturais e Atención Sociosanitaria para PersoasDependentes en Institucións Sociais.

Dani Vega sinalou que “os Concellos de Ribadeo e de Barreiros cremos que apostar polosobradoiros de emprego que teñan unha saída laboral é o futuro. Vamos seguir apostando polosobradoiros pegados á realidade, pegados ao tecido económico e social, pegados aos sectoresestratéxicos claves nos municipios. É dicir obradoiros reais e pensando nesas familias profesionaisque teñen grandes carencias de traballadores, falamos de electricistas, de carpinteiros… de tantasfamilias profesionais que hoxe teñen moita dificultade para atopar man de obra e desde logo osobradoiros teñen que ser reais, non pensando desde un punto de vista utópico, senón na realidadeque estamos a vivir no día a día”.

Para o alcalde de Ribadeo “investir 553.000 euros en formación é garantirlle a moitas persoas unhasaída laboral e unha saída para que estes concellos teñan futuro”.